NOVA SECCIÓN DE BANDA DESEÑADA

PODES INCLUIR OS TEUS COMENTARIOS SOBRE AS OBRAS QUE IREMOS PUBLICANDO E TAMÉN PODERÁS FACER RECOMENDACIÓNS DE LECTURA

viernes, 7 de junio de 2013

OPINAMOS SOBRE....

Unha das obras de ficción más importantes do século XX pertencente ao mundo do cómic, que trascinde xéneros pola sua calidade narrativa, que bebe de fontes literarias, alternando xéneros diversos, e incluso tomando elementos do cine. Alan Moore, autor de outras obras de renome como V de Vendetta o From Hell, xunto aos lápises de Dave Gibbons (color de John Higgins), crean unha obra perdurable no tempo que pode ser perfectamente suxeito de análise dos numerosos recursos estilísticos, os compoñentes gráficos revolucionarios que a caracterizan (recordemos que data de mediados dos años oitenta), e incluso da psicoloxía humana. "Watchmen" trata, ao fin e ao cabo, do ser humano, da súa falibilidade, da xustiza, así como un amplio abanico de temas que deberemos explorar por nós mesmos ao abordar este traballo de ficción.

"Watchmen" é una obra para deixarse llevar polo seu fío narrativo (á vez que gráfico), e ir descubrindo pouco a pouco os recunchos do complexo argumento, nunha serie de capítulos (a obra estaba orixinalmente dividida en doce números) que van achegándose pouco a pouco ata a inesperada e inusitada, á vez que orixinal, conclusión. "Watchmen" é una novela gráfica que toca varios flancos, entre eles o xénero negro, a acción, a ciencia-ficción o a novela de aventuras. Pero uno dos más evidentes é o achegamento hacia o cómic de superhéroes, a súa normalización, rebaixándoos ata o grado que vemos na obra, ofrecendo unha mirada distinta ao concepto que tiñamos deles...

1 comentario: